Quen somos

Compartir:

ACENDE, PARTE DA SOLUCIÓN

Logotipo Acende

  • Somos profesionais acreditados das enerxías renovables dende hai máis de 10 anos.
  • Temos a experiencia de ter ejecutado 240 MW a nivel mundial.
  • Fomos os primeiros no mundo en conseguir vapor sobresaturado por medios renovables.
  • Pertencemos ao clúster de empresas de autoconsumo AGAEN.

ACENDE ofrécelle os seus servizos especializados de eficiencia enerxética para particulares, empresas e comunidades de veciños; a solución que estaba buscando para reducir os seus gastos en auga quente, calefacción e electricidade.

ACENDE
, como parte da solución, ofrece un servizo integral de asesoría e eficiencia enerxética, que abarca todas as fases e necesidades do consumidor de enerxía.

Instale paneis fotovoltaicos e termosolares no seu tellado para a redución das súas facturas. Reparta xa os custos de calefacción entre os membros da comunidade segundo o que realmente gaste cada un. Reduza os seus custos de mantemento cambiando as luminarias da súa nave, casa ou garaxes por LEDs. Cambie a súa caldeira de gasóleo por unha de biomasa e gaste só a metade en combustible. Certifique enerxeticamente o seu edificio para poder alugar ou vender as súas vivendas. Evite problemas cun correcto mantemento preventivo do seu sistema de calefacción. Asegúrese de que paga o correcto na súa factura da luz e evite despilfarros ou, por que non, invista en coxeración e consiga un importante rendemento económico mentres aforra en custos enerxéticos.

Todo isto e moito máis é posible. Reduza XA os seus gastos en enerxía. Só contacte connosco e infórmese.

Ligazóns