Servizos. Luminarias LED

Inicio » Servizos » Luminarias LED
Compartir:

LED exterior

A iluminación por LED preséntase como unha auténtica revolución no campo da iluminación, ao consumir ata un 92% menos que as lámpadas incandescentes de uso doméstico común e un 30% menos que a maioría das lámpadas fluorescentes; ademais, estas luminarias poden durar ata 20 anos, o que supón un 200% menos de custos totais en substitucións.

Unha luminaria LED está formada por díodos, similares aos presentes en numerosos aparellos de electrónica (o piloto de aceso dunha televisión, por exemplo). Algunhas das vantaxes que se obteñen se ACENDE substitúe as súas fontes de luz incandescente e fluorescente por LED son:

  • Baixo consumo de enerxía
  • Maior tempo de vida
  • Aceso inmediato
  • Tamaño reducido
  • Durabilidade
  • Reducen a emisión de calor
  • Non conteñen mercurio
  • Non crean campos magnéticos
  • Reducen ruídos nas liñas eléctricas
  • Non lles afecta o aceso intermitente
Cun 92% de aforro con respecto á iluminación tradicional, unha vida tres veces maior que os sistemas denominados de baixo consumo, aceso inmediato e facilidade de substitución, a iluminación LED é a solución ideal para iluminacións de exteriores, zonas comúns, portais, focos de exteriores e garaxes.