Servizos. Illamentos exteriores

Inicio » Servizos » Illamentos exteriores
Compartir:

Segundo datos do Ministerio de Industria (IDAE), unhas fiestras ben illadas poden aforrar ata un 70% no gasto de calefacción e aire acondicionado.

Coa substitución das carpinterías exteriores, principalmente fiestras, aumentaremos o grao de illamento e reduciremos as perdas de calor. Custaranos menos quentar e manter quente a casa, ou arrefriala, co que teremos un aforro moi importante na factura enerxética mensual. Os prazos de amortización son moi curtos e os beneficios de confort e económicos vense desde o primeiro momento.

ACENDE estudará o seu caso para efectuar a recomendación e execución da mellor solución para o seu caso, como a substitución dos marcos de fiestra por marcos de aluminio con rotura de ponte térmico ou PVC, sustitución de cristalería por dobre acristalamento, instalación de burletes en portas e cerramentos, etc.

Invista en mellorar o seu illamento e o seu peto notarao desde o primeiro día.