Servizos. Coxeración

Inicio » Servizos » Coxeración
Compartir:

Para empresas e comunidades de veciños que queiran xerar ingresos, ao mesmo tempo que reducen os seus gastos en calefacción e auga quente ACENDE ofrécelles a solución: a coxeración. A súa propia central de enerxía.

A coxeración é a produción simultánea de calor e electricidade, mediante un motor moi silencioso axustado a un alternador de alta potencia e un sistema de recuperación de calor.

A calor aprovéitase para os servizos de calefacción e auga quente, mentres a electricidade se vende á rede eléctrica, xerándose ingresos.

Se tomamos como exemplo unha Comunidade de 40 veciños, a instalación dun equipo de 5,5 kW eléctricos e 15 kW de enerxía térmica daría unha plusvalía de 6.111 €/ano, tras descontar o valor da enerxía térmica aproveitada para o quentamento da auga, o gasto de gas do equipo e os gastos de mantemento.

O investimento amortizaríase en 6 anos e xeraría ingresos durante toda a vida útil da instalación.

A coxeración está indicada para Comunidades que conten cun espazo na sala de caldeiras de 6 m2 e teñan os servizos de Calefacción e Auga Quente centralizados, xa que para amortizar os investimentos nun período razoable, os equipos teñen que funcionar todo o ano. Así mesmo, o investimento optimízase se contan con servizos de gas canalizado.