Servizos. Certificación enerxética de edificios

Inicio » Servizos » Certificación enerxética de edificios
Compartir:

Certificación enerxética de edificios

Segundo as disposicións do RD 235/2013 e con carácter obrigatorio a partir do 1 de Xuño de 2013:«cando se constrúan, vendan ou aluguen edificios ou unidades destes, o certificado de eficiencia enerxética ou unha copia deste deberase mostrar ao comprador ou novo arrendatario potencial e entregarase ao comprador ou novo arrendatario».Todo piso ou inmoble que se queira vender ou alugar debe contar cun Certificado Enerxético. Ademais, como debe ser rexistrado, é previsible que nun futuro varíen as diferentes taxas dun inmoble segundo a súa cualificación.

Agora ben, en que consiste este Certificado Enerxético? É un documento que describe o eficaz que é un inmoble no seu consumo de enerxía, dálle unha cualificación enerxética determinada e inclúe unha serie de recomendacións para reducir o consumo e mellorar a cualificación.

Este certificado servirá de información para futuros inquilinos e compradores sobre o comportamento enerxético dun inmoble, o seu consumo en enerxía e, polo tanto, as súas correspondentes facturas de luz, auga e gas. Cunha maior Cualificación Enerxética no Certificado Enerxético conséguese:

  • Un maior valor de mercado, ao diferenciarse do resto de inmobles na súa venda ou aluguer, ademais de conseguir unha imaxe verde.
  • Un menor custo, asegurando que o inmoble funciona con menos enerxía, facturas reducidas e un menor mantemento.
  • Un maior ingreso, xa que ao estar máis solicitadas, estas construcións terán unhas taxas de vacantes en aluguer máis baixas e en vendas maiores.
O propietario ou promotor dun edificio ou unidade do mesmo é o responsable de encargar o Informe para a  realización do Certificado de Eficiencia Enerxética a un técnico certificador competente, como ACENDE, así como de conservar a documentación.