Servizos. Caldeiras de biomasa

Inicio » Servizos » Caldeiras de biomasa
Compartir:

O termo ‘biomasa’ introduciuse para denominar a todos aqueles materiais de orixe orgánica (vexetal ou animal) que non sufriron ningún proceso de fosilización e que se empregan para a produción de enerxía. As caldeiras de biomasa son caldeiras coa capacidade de xerar a calor que necesite desde combustibles de orixe orgánica, como pellet, leña, óso de oliva,… Os seus gastos de combustible reduciranse á metade. Só necesita cambiar a súa caldeira e dispoñer do espazo suficiente para unha correcta alimentación de combustible.

As biomasas forman parte das fontes renovables xa que o CO2 emitido para a produción de enerxía non representa un aumento do anhídrido carbónico presente no ambiente, senón que é o mesmo que as plantas absorberan antes para desenvolverse e que, á súa morte, volverá á atmosfera mediante os procesos normais de degradación da substancia orgánica.

O pellet é unha madeira tratada en forma de pequenas pastillas, con gran poder calorífico. O seu tamaño permite á caldeira controlar o seu consumo e contar con todas as comodidades da tecnoloxía moderna, como potencia modulante, aceso automático, alimentación desde almacén, limpeza autónoma de intercambiadores, sistemas de compactación de cinzas, etc. As contas non fallan: cunha gran capacidade calorífica e un prezo próximo ao 50% do gasóleo, vostede aforrará a metade do seu gasto actual, á vez que axuda a coidar o medio ambiente cun combustible renovable, de prezo estable e facilmente subministrable.

Conte con ACENDE como o seu especialista en biomasa.