Servizos. Autoconsumo doméstico

Inicio » Servizos » Autoconsumo doméstico
Compartir:

Xa pode producir a súa propia electricidade!

Aproveite o seu tellado ou terraza para a instalación de enerxía fotovoltaica ou minieólica con ACENDE e despídase dos gastos en electricidade. Cun retorno do investimento en 8 anos e unha produción garantida por un mínimo de 25 anos, a instalación de enerxía fotovoltaica é xa unha realidade en toda Europa.

Cunha tecnoloxía simple e fiable, os paneis fotovoltaicos converterán a enerxía solar na electricidade que necesita.

Ademais, coas novas tecnoloxías de fotovoltaica integrada en edificio, as opcións son case ilimitadas: muros cortina, lucernarios semitransparentes, vidro solar, dobre pel, fachada ventilada, …. Todo espazo pode ser utilizado para a xeración da súa propia electricidade!