Servizos. Válvulas termostáticas

Inicio » Servizos » Válvulas termostáticas
Compartir:

Válvula termostática

Unha válvula termostática é un mando de radiador onde é posible fixar a temperatura desexada, o que nos permite controlar a temperatura de cada zona da casa de xeito simple e económica, sen necesidade de instalar complexos sistemas electrónicos de control.

Simplemente con fixar a temperatura desexada, a válvula evitará calquera malgasto ou despiste. As válvulas termostáticas ofrecen ao usuario aforro, confort e eficiencia enerxética. Con ACENDE conseguirá todo simultaneamente e por pouco diñeiro. Un investimento seguro.

As principais vantaxes que conseguirá coa instalación de válvulas termostáticas son:

  • Confort en cada recuncho da casa. Permiten manter cada unha das estancias á temperatura adecuada en función do seu uso: dormitorio, sala de estar, cociña, etc. Ademais ofrecen flexibilidade absoluta, moi importante tendo en conta que os gustos familiares son variables e as necesidades evolucionan co paso do tempo.
  • Menos emisións de CO2. Permiten aproveitar ao máximo as achegas de calor. Nunca se vai a consumir máis combustible do necesario, polo que se reduce a emisión de gases contaminantes.
  • Aforro na factura enerxética. Proporcionan aforros importantes na factura enerxética familiar. Algúns autores calculan este aforro entre o 8% e o 20%. A Unión de Consumidores e Usuarios, que recomenda a instalación destas válvulas, calcula unha cifra media de aforro dun 15%.
  • Por outra parte hai que engadir a vantaxe de que a maior aforro de enerxía menor emisión de CO2. Ademais a caldeira tamén traballará un 10% menos co que aumentará a súa duración, diminuíndo o seu desgaste e avarías. Tan importante como todo isto, é o aumento do confort.