Servizos. Servizo de mantemento de caldeiras

Inicio » Servizos » Servizo de mantemento de caldeiras
Compartir:

Mantemento caldeiras

Toda instalación térmica en edificios  necesita un mantemento da instalación e os seus aparellos segundo a normativa vixente. Este mantemento é responsabilidade do propietario ou usuario, con independencia de que exista sobre eles unha garantía legal ou comercial do fabricante ou vendedor. O incumprimento deste mantemento pode facer responsable ao propietario ou usuario dos danos que se xeren a terceiros e, ademais, pode ser obxecto de sanción administrativa. As aseguradoras, en caso de sinistro, poden examinar se a caldeira cumpriu cos mantementos legalmente obrigatorios.

ACENDE dispón de todos os medios técnicos e humanos para deseñar e realizar o seu plan de mantemento segundo a normativa, asegurándolle o cumprimento da lei e un correcto funcionamento das súas instalacións.

Ademais, o noso servizo inclúe unha constante revisión do mercado para asegurarlle que, en caso de necesitar investir en equipos ou instalacións, se beneficie da tecnoloxía que mellor se adapte ás súas necesidades, nas mellores condicións económicas a curto e a longo prazo.

Pensando só nos seus intereses.