Servizos. Repartidores de custos de calefacción

Inicio » Servizos » Repartidores de custos de calefacción
Compartir:

Repartidores de custos de calefacción

Os repartidores de custos de calefacción Doprimo, fabricados pola multinacional Ista, son a solución estándar en Europa desde hai máis de 80 anos para edificios con sistemas de calefacción por columnas, onde a instalación de calorímetros individuais se fai difícil e custosa.

Basicamente son aparellos que miden o consumo de cada radiador, segundo a súa propia morfoloxía e localización segundo unha base de datos con máis de 300.000 tipos de radiadores. Esta lectura remítese vía radio a un servidor central, onde se realiza a súa distribución e a correspondente factura a cada un dos propietarios, segundo o que realmente consuman.

É un sistema totalmente fiable, recoñecido por diversos gobernos e instalado en máis de 30 millóns de vivendas.

A súa instalación é simple e rápida, sen obras nin cables. E ademais é económico.

O efecto sobre o consumo é un aforro medio do 23% ao cabo de catro anos, ao favorecer que cada propietario controle o seu propio gasto e poida tomar as súas propias medidas de aforro e confort, incentivando de xeito importante a eficiencia enerxética ao velo reflectido na súa factura.

Da mesma familia de produtos e con similares características son os contadores de auga quente con comunicación por radio, que permiten o control e a lectura da auga quente consumida por cada casa sen necesidade de entrar fisicamente a realizar lectura.

ACENDE é a única compañía homologada en Galicia para a súa instalación.Tome xa o control do seu consumo!