Servizos. Paneis termosolares

Inicio » Servizos » Paneis termosolares
Compartir:

Paneis termosolares

Os paneis termosolares son elementos que capturan a radiación solar e convértena en enerxía térmica, en calor, apto para o seu uso doméstico. Constan dunha carcasa illada pola que circula un fluído que se quenta co sol, e que almacena a calor nun depósito onde se quenta auga de consumo, aforrando outros tipos de combustibles.

Unha placa de dous metros cadrados é capaz de aforrar un85% do gasto en auga quente para unha familia de 3 persoas. Os paneis termosolares son compatibles con calquera sistema de auga quente, xerando un aforro directo de xeito sinxelo cunha enerxía ilimitada e gratuíta: o poder do Sol.

A súa instalación depende do espazo dispoñible, ben sobre cuberta ou en terraza, podendo ata poñerse sobreelevada para formar un pequeno tellado. Pese á sinxeleza do concepto, é necesario contar coa axuda de profesionais da enerxía termosolar como ACENDE, que entendan como conseguir o maior rendemento destes dispositivos.

Totalmente fiable, é unha das solucións para a xeración de auga quente máis económica e respectuosa co medio ambiente, e unha enerxía totalmente asentada na sociedade.