Servizos. Aerotermia e Xeotermia

Inicio » Servizos » Aerotermia e Xeotermia
Compartir:

Aerotermia e Xeotermia

Aerotermia e Xeotermia

A Aerotermia e a Xeotermia funcionan mediante bombas de calor, que moven a calor e o frío presentes no aire para o noso proveito, quentando auga dun xeito moito máis eficiente ca unha combustión tradicional.

O seu rendemento mídese polo COP, que é un número que indica canta calor vai entregar por cada kW de electricidade consumido. Un COP de 3, por exemplo, indica que por cada quilovatio de electricidade consumida entrega tres quilovatios de calor. Pode aforrar un 70% en combustible. Se a isto, ademais, suma o uso de paneis termodinámicos, aumenta o seu rendemento. ACENDE asegúralle o mellor investimento.

A Aerotermia e a Xeotermia son moi útiles para necesidades de calor de baixa temperatura, como as de auga quente sanitaria ou chan radiante, necesitando menos potencia que os seus equivalentes de combustión (biomasa, gasóleo, gas, ….).

Cando as necesidades son de elevada potencia e auga quente de alta temperatura (calefacción por radiadores), a Aerotermia e a Xeotermia permiten tamén aforrar ao precalentar a auga, aforrando unha importante cantidade doutros combustibles máis caros.

A Aerotermia e a Xeotermia son ademais enerxías moi limpas, que só consumen electricidade. Se se complementan con módulos fotovoltaicos ou xeradores eólicos, o resultado é que se pode gozar de calefacción e auga quente gratis para sempre.