Noticias

Inicio » Noticias » Podemos aforrar ata un 24% da nosa factura anual da enerxía
Compartir:

Podemos aforrar ata un 24% da nosa factura anual da enerxía

05-04-2013

De media, cada casa gasta ao ano 990 euros en enerxía, sendo o 47 por cento da enerxía para a calefacción. Os especialistas aconsellan manter as tubaxes ben illadas e instalar válvulas ou purgadores automáticos nos radiadores e inciden en que a cidadanía ten que saber que cada grao que subimos no termóstato incrementa un 8% o custo de calefacción.

No tocante á electricidade o electrodoméstico que máis consome é a neveira, un 30%, seguido da televisión cun 12% e seguido de preto pola lavadora. Por iso os expertos recomendan investir sempre na clase enerxética máis alta e axustar a potencia, porque se non soe saltar o automático, seguro que podemos baixar un pouquiño a potencia

As luces vermellas dos aparellos que se manteñen en pausa pero non desconectados poden supoñer ata o 10% da factura. Só mercando unha regleta cun botón de apagado evitariamos estes consumos ocultos. E as lámpadas de baixo consumo tamén suman aforro e xa son utilizadas no 86 por cento dos fogares.



Ligazóns