Noticias

Inicio » Noticias » Acende participa con stand propio na Feira da Enerxía de Galicia (Silleda, 14-16 abril)
Compartir:

Acende participa con stand propio na Feira da Enerxía de Galicia (Silleda, 14-16 abril)

13-04-2016

Acende Enerxía participa como expositor na I edición da Feria de la Energía de Galicia, en Silleda (Pontevedra), do 14 ao 16 de abril de 2016.
Acende estará no stand B8 do Pavillón 1, onde, aproveitando os 70m2 de espazo expositivo do que dispón, presentará un novo modelo de caldeira de biomasa para a xeración de vapor de uso industrial.

De entre todas as actividades e conferencias do programa, Acende (como socio fundador de ABIGA HTC) recoméndalles:

10.30-11.30 H:
XORNADA TÉCNICA “PRESENTACIÓN PLANTA DEMO CON TECNOLOXÍA HTC RESTO FORESTAL EN MONFORTE DE LEMOS” (AGAEN)
Presentación: Planta Demo con tecnoloxía HTC resto forestal en Monforte de Lemos
- D. José Manuel González Illán, Socio Fundador ABIGA HTC
- D. Manuel Varela Pereiras, Socio Fundador ABIGA HTC
- D. Ángel Bernardo Tahoces, Director Xeral de Enerxía e Minas.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA,  EMPREGO E INDUSTRIA
- D. José Tomé Arca,
Alcalde CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
Ponencia: Valorización do resto forestal con tecnoloxía HTC
Doña María Luisa Hernández Latorre, Consejera Delegada INGELIA
- LUGAR: SALA 1 RED ELÉCTRICA ESPAÑOLA